MEDIO AMBIENTE

O proxecto "Descarboniza! Que non é pouco inicia a súa terceira edición"

18/02/2020

A concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, e Miguel Pardellas, en representación do Grupo de Investigación de Pedagoxía Social e Educación Ambiental da USC, que desenvolve o proxecto, presentaron as novas iniciativas en rolda de prensa. As actividades desenvolveranse nos centros socioculturais da Rocha, Bornais, Cardeal Quiroga, Conxo, Pontepedriña, Santa Marta, Sar e Vite.

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Novas viaxes e roteiros no marco dos programas "Imos de excursión" e "Entendendo a cidade"

18/02/2020

O concelleiro de Barrios e Centros socioculturais, Javier Fernández, presentou en rolda de prensa as novas edicións do programa "Imos de excursión" e do programa de roteiros comentados "Entendendo a cidade". O primeiro ofrecerá seis viaxes entre os meses de marzo e outubro, mentres que o calendario de roteiros pola cidade inclúe nesta ocasión 18 percorridos en torno a nove temáticas diferentes.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Nove localidades galegas, entre elas Santiago, acollen do 11 ao 20 de marzo o festival internacional de narración oral Atlántica

18/02/2020

Do 11 ao 20 de marzo celébrase, en nove localidades galegas, a oitava edición do festival internacional de narración oral Atlántica. Durante estes días están programadas case 60 funcións, máis da metade delas en Compostela. Explicouno a directora do festival, Soledad Felloza, na presentación do evento, na que tamén estiveron presentes a concelleira de Acción Cultural do concello de Santiago, Mercedes Rosón; Xurxo Couto, deputado de Cultura da Deputación da Coruña; e Mayte Argibay Silva,...

Ler máis
Compartir: