CIDADES PATRIMONIO

O presidente do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade, Luis Yeray Gutiérrez, asina no Libro de Honra do Concello

26/04/2024

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e varios membros da Corporación municipal recibiron esta mañá no Pazo de Raxoi a Luis Yeray Gutiérrez, alcalde de San Cristóbal de La Laguna e actual presidente do GCPHE, que asinou no Libro de Honra do Concello. Ambos rexedores manterán esta tarde unha xuntanza preparatoria o traspaso da presidencia do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade que asumirá Compostela a partir do próximo 1 de xullo.

Ler máis

ALCALDÍA

O Concello impón unha sanción por incumprimentos do contrato á empresa que presta o servizo de recollida de residuos e limpeza viaria

26/04/2024

A alcaldesa deu conta en rolda de prensa da resolución do procedemento de sanción á empresa adxudicataria do servizo de recollida de residuos e limpeza viaria do Concello de Santiago debido a unha serie de incumprimentos no contrato. Na rolda de prensa, Goretti Sanmartín tamén anunciou a data da xuntanza cos representantes da Xunta sobre o novo aparcadoiro do complexo hospitalario para o vindeiro xoves 2 de maio ás 16:30 horas.

Ler máis

VIVENDA

Constitúese a Comisión Especial para crear unha empresa municipal de vivenda

26/04/2024

O Pazo de Raxoi acolleu esta maña a sesión constitutiva da Comisión especial que traballará na posta en marcha dunha empresa municipal no ámbito da vivenda. Esta sociedade mercantil, que contará con capital integramente municipal, pretende contribuír á mellora das condicións de acceso á vivenda e á rehabilitación e recuperación do patrimonio inmobiliario compostelán.

Ler máis

EMPREGO

O Concello e a UPTA explorarán vías de colaboración para apoiar as traballadoras autónomas

26/04/2024

O Concello de Santiago e a Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos de Galicia estudarán posibles vías de colaboración para apoiar e mellorar o asesoramento a este colectivo en Compostela. Así se acordou na reunión que a alcaldesa, Goretti Sanmartín, e a tenenta de alcaldesa e concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, mantiveron co presidente da UPTA, Eduardo Abad.

Ler máis

PLENO

O Pleno dá luz verde ao Regulamento do Consello Municipal de Igualdade e unha Declaración para impulsar o uso do galego

24/04/2024

O Pleno Municipal acordou esta mañá de xeito unánime a aprobación inicial do Regulamento do Consello Municipal de Igualdade do Concello de Santiago que permitirá dotar de autonomía propia a este órgano, integrado ata o de agora a través dunha comisión sectorial no Consello de Familia, Benestar Social e Igualdade. A totalidade da Corporación municipal tamén apoiou dúas declaracións institucionais con motivo do Día das Letras Galegas e do Día Internacional do Lupus.

Ler máis

CAPITAL CULTURAL

Preto de mil persoas reuniranse en Compostela para cantaren xuntas Grândola, Vila Morena

24/04/2024

Como parte das actividades en conmemoración do 50 aniversario da Revolução dos Cravos, o Auditorio de Galicia fixo un chamamento á cidadanía para participar nun canto popular desta composición de Zeca Afonso que se erixiu en himno da liberdade. A primeira interpretación pública de Grândola, Vila Morena tivo lugar en Compostela en 1972, nun concerto promovido polo estudantado da USC

Ler máis
Compartir: