MOBILIDADE
A rúa de Concheiros contará cun radar móbil con capacidade sancionadora a partir do vindeiro luns
Xa no pasado mes de febreiro, o radar funcionou durante unha semana a modo de proba, durante a que se acadou unha media de velocidade de algo máis de 24 km/h.
IGUALDADE
Preséntase o programa "Artellando Feminismo", a campaña promovida pola Concellaría de Igualdade con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller
Feminismo, teatro, benestar, monólogos, masculinidade tóxica, concertos, saúde mental, coloquios e moitas outros temas e accións conforman un completo programa encamiñado a reivindicar o 8 de marzo e concienciar sobre a importancia do feminismo como ferramenta para acadar a igualdade. A programación foi presentada esta mañá pola concelleira de Igualdade, Mercedes Rosón, acompañada por Teresa Furelos, xefa do Servizo de Políticas Sociais, e Yara Prieto, responsable de proxectos de Artellando Feminismo.
PARQUES E XARDÍNS
Aberta a nova área de xogos infantís inclusiva na rúa Pérez Lugín
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado da concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro; de Gonzalo Muíños e Marta Abal, do grupo socialista; Xan Duro, de Compostela Aberta; e Ramón Quiroga, do Partido Popular, inaugurou esta tarde o novo parque infantil, no barrio da Pontepedriña, no que se investiron preto de 60.000 euros.
ALCALDÍA
O alcalde confía en que o vindeiro xoves o Pleno aprobe a declaración de interese municipal para a construción do centro de protonterapia
A sesión extraordinaria do Pleno municipal do vindeiro 9 de febreiro aprobará "previsiblemente" a declaración de especial interese e utillidade municipal para o anteproxecto do centro de protonterapia no recinto hospitalario do CHUS. Unha vez completado este trámite, a Administración autonómica deberá aprobar do proxecto para a súa posterior licitación e construción, prevista para o ano 2026.