ACCIÓN CULTURAL
O Xardín das Pedras que Falan homenaxea tres novas poetas: Olga Novo, Laura Pugno e Moon Chung Hee
O Xardín das Pedras que Falan, sito no xardín de Fonseca, conta dende hoxe cos versos de tres novas poetas: Olga Novo, Laura Pugno e Moon Chung Hee. As pedras cos seus textos foron descubertas este mediodía, nun acto presidido polo alcalde. Xosé Sánchez Bugallo felicitounas e sinalou que desde hoxe, "estas tres mulleres excepcionais pasan a formar parte permanente, para sempre, da vida de Santiago, unha cidade de pedra, de terra e de árbores".
ALCALDÍA
O alcalde salienta a importancia do PMUS na definición da mobilidade do Santiago do futuro
O rexedor compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, deu conta en rolda de prensa do inicio dos encontros participativos do Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS), que arrancaron onte no centro sociocultural de Santa Marta, con "éxito de participación".
TURISMO
Turismo de Santiago participa nas Xornadas sobre Turismo de Reunións do Spain Convention Bureau
As perspectivas do sector de Congresos en Santiago para o 2023 son optimistas, cun gran número de congresos e encontros internacionais previstos.
ALCALDÍA
O alcalde lamenta o pasamento do humanista Manuel Sánchez Salorio
"Un coruñés amigo de Santiago", así define o alcalde a Manuel Sánchez Salorio logo do seu pasamento. Sánchez Bugallo quixo destacar o gran traballo do catedrático, doutor honoris causa pola USC, no eido científico pero tamén a súa implicación con Galicia "e moi especialmente con Santiago, como Medalla de Ouro que foi".