IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola muller asasinada en Vélez (Málaga), última vítima de violencia machista.
COMERCIO
"Prima 22. A festa do comercio local" dinamizará na segunda fin de semana de xuño diferentes barrios da cidade
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, animou ao sector comercial e ás asociacións a participar na terceira edición de "Prima 22. A festa do comercio local", que se desenvolverá o xoves 9, o venres 10 e sábado 11 de xuño de 2022 en distintos barrios de Santiago. Un evento, sinalou o rexedor, "que pretende reforzar a aposta do Concello de Santiago polo comercio local e de proximidade". Ademais do alcalde, na presentación estivo presente a técnica responsable da área de Comercio, Lucía...
TURISMO
Case 200 establecementos inscritos na campaña de dinamización de Compostela Diversa
Máis de 80 comercios, outros tantos bares e restaurantes e 35 hoteis sumáronse a esta acción prevista para a celebración do Orgullo LGTBI para a que se lles entregará distinto material coma mandilóns ou manteis.
XUNTA DE GOBERNO
O 1 de xuño ábrese o prazo para solicitar os permisos para a celebración das cacharelas e sardiñadas da noite de San Xoán
O 1 de xuño ábrese o prazo para solicitar os permisos para a celebración das cacharelas e sardiñadas da noite de San Xoán, tanto en terreos de propiedade privada como pública. Así o recollen as normas de seguridade aprobadas hoxe en Xunta de Goberno.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobadas as listaxes de admitidos nas escolas infantís e os prazos de inscrición no programa municipal de conciliación para este verán
A Xunta de Goberno Local aprobou as listaxes definitivas de alumnado admitido e excluído, así como as listas de agarda, nas Escolas Infantís Municipais de Conxo, as Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños para o curso 2022-2023. Tamén aprobou os prazos de solicitude e o procedemento de admisión do programa municipal de conciliación de verán 2022, que se desenvolverá en seis quendas entre o 23 de xuño e o 9 de setembro, nos CEIPs Quiroga Palacios e Monte dos Postes.