POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS
Martes de contos en Bonaval durante o mes de agosto
As actividades do Apego continúan durante o mes de agosto, pero desta volta saen ao aire libre. Para seguir favorecendo un espazo e un tempo de encontro entre familias interesadas na crianza en galego e para ofrecer propostas de contido cultural para o lecer infantil en galego, póñense en marcha os Martes de contos no parque.
ROLDA DE PRENSA
A Xunta de Goberno aproba as bases das subvencións para o deporte federado
A Xunta de Goberno Local, na súa sesión ordinaria deste luns, aprobou a convocatoria de subvencións para o fomento do deporte federado correspondente ao exercicio 2020. Tamén se deu o visto bo ás renovacións e novas autorizacións das hortas municipais de Fontiñas-Cotaredo e adxudicáronse as obras de acondicionamento interior do xacemento do Castelo da Rocha Forte.
ALCALDÍA
Constituída a Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros-Noia
Este luns quedou constituída no Pazo de Raxoi a Asociación de Concellos do Camiño da Ría de Muros-Noia. O alcalde de Santiago en funcións, Sindo Guinarte, e a alcaldesa de Lousame e presidenta da Asociación, Teresa Villaverde, presidiron a xuntanza.
EDUCACIÓN
Recepción aos/ás participantes no Campamento Don Bosco
A concelleira de Educación, Noa Díaz, recibiu na praza do Obradoiro as mozas e mozos da cidade que participan no Campamento Urbano do Centro Don Bosco. Tamén participaron no acto os concelleiros José Antonio Constenla (PP), Branca Novoneyra (CA) e Goretti Sanmartín (BNG). Todos/as recibiron como agasallo a camiseta deste ano do campamento.