POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS
Os Premios Youtubeir@s abren este mércores o prazo de inscrición nunha cuarta edición con 12 galardóns
Os Premios Youtubeir@s, organizados polos servizos de normalización lingüística de dez concellos –entre eles o de Santiago de Compostela-, das tres universidades e da Deputación da Coruña, lanzan a súa cuarta edición con cambios significativos nas súas bases e un incremento da súa dotación económica, que pasa dos 6.500 euros de 2019 a 7.500 euros para repartir nas doce categorías do certame neste ano. O prazo de inscrición ábrese mañá martes, 27 de maio.
MEDIO RURAL
Medio Rural abre o procedemento de adxudicación de cinco obras no rural por algo máis dun millón de euros
O concelleiro de Medio Rural, José Manuel Pichel, deu conta este martes de cinco obras previstas na zona rural cuxo procedemento de adxudicación se acaba de aprobar, e ás que se destinarán 1.030.773,18 euros euros (IVE incluído). Onte, en Xunta de Goberno, deuse luz verde aos cinco expedientes, ao gasto correspondente e á apertura dos distintos procedementos de adxudicación dos traballos incluídos no POS, o Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña.
PARQUES E XARDÍNS
Sen quendas e horarios nas hortas municipais dende este mércores
Dende mañá mércores, 27 de maio, queda suprimido os sistema de restricións e quendas nas horas municipais, permitíndose o acceso libre a todos/as os/as adxudicatarios/as de uso das parcelas. Así o anuncia do Departamento de Parques e Xardíns, dende o que se lembra que, á marxe das novas posibilidades de acceso, segue vixente o estado de alarma e deben manterse as condicións de seguridade, protección e distanciamento social para desenvolver as actividades hortícolas.
IGUALDADE
Aberta a convocatoria da edición 2020 do Premio de Ensaio e Creación Audiovisual Xohana Torres
Xa está aberta a convocatoria da edición 2020 do Premio de Ensaio e Creación Audiovisual Xohana Torres, organizado pola Concellaría de Políticas de Igualdade do Concello de Santiago de Compostela. Os traballos gañadores en cada unha das dúas modalidades en que se divide o premio percibirán 2.500 euros. O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de decembro.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O alcalde participará o xoves nun webinar informativo sobre o Plan Marco de Reactivación Económica
A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela organiza un webinar informativo sobre o Plan Marco de Reactivación Económica do Concello de Santiago, no marco das actividades de colaboración conveniadas co Concello de Santiago e co obxectivo de mellorar o coñecemento das liñas municipais de axudas postas en marcha a raíz da crise do COVID-19. A cita é este xoves, ás 11:00 horas, e contará coa presenza do alcalde, Xosé Sánchez Bugallo.
ACCIÓN CULTURAL
O despacho de billetes do Teatro Principal inicia o proceso de devolución de entradas para espectáculos adiados ou cancelados polo cese de actividades
O despacho de billetes do Teatro Principal reabrirá mañá, mércores 27 de maio de 2020, para comezar a tramitar as devolucións das entradas dos espectáculos adiados ou cancelados polo cese de actividades. Até o 20 de xuño, as persoas que mercaran as súas entradas de forma presencial na billeteira poderán solicitar a devolución do seu importe. O horario de atención será de martes a sábado de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 20:00 h.
COMERCIO
Nova xuntanza coas asociacións de comerciantes para falar da festa do comercio local e dos bonos de estacionamento
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a técnica responsable do Departamento de Comercio, Lucía Castro, mantiveron este martes unha nova xuntanza coas asociacións de comerciantes Comercio Punto Compostela, Compostela Monumental, Em-Rede e Fundación Santiago Centro.
ACCIÓN CULTURAL
O Grupo de Cidades Patrimonio aposta polos eventos culturais e as compañías locais para reactivar o turismo e a economía
A Comisión de Educación, Cultura e Deporte do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España reuniuse este martes telematicamente e acordou impulsar a contratación de artistas, artesáns, asociacións e colectivos locais que forman parte da riqueza e do tecido cultural de cada municipio e, desta forma, apoiar a programación de eventos para este verán e tamén a reactivación económica. A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, representou a Santiago nesta xuntanza.