SAÚDE
INFORMACIÓN RELATIVA Á ENFERMIDADE POLO NOVO CORONAVIRUS (COVID-19)
Dende este espazo poderá accederse á información do Ministerio de Sanidade e da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia respecto á situación actual da enfermidade polo coronavirus, COVID-19. Do mesmo xeito, aquí poderá consultarse os diferentes avisos e recomendacións nesta materia emitidas polo Concello de Santiago.
MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
Protección Civil de Santiago recibiu case 2.000 chamadas en 2019
O concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, presentou a memoria de actividades do 2019 da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Santiago de Compostela. Na rolda estivo acompañado da súa responsable, Begoña del Río, quen deu conta tamén do 24 aniversario da Agrupación neste mes de marzo.
DEPORTES
Aprazado o Torneo Viravolta-Jael de Ximnasia Rítmica
A organización do VII Torneo Viravolta-Jael de Ximnasia Rítmica, que se ía celebrar en Compostela o próximo 21 de marzo, decidiu aprazar a súa celebración, seguindo as recomendacións das autoridades sanitarias e deportivas en relación coa contención do coronavirus. En función da evolución das circunstancias sanitarias e dos calendarios deportivos, o club buscará unha nova data para levar a cabo a cita, que se ía presentar este mércores nunha rolda de prensa en Raxoi.
ACCIÓN CULTURAL
A última creación de Matarile Teatro, "Daimon y la jodida lógica", chega ao Auditorio de Galicia
A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, presentou esta mañá a última creación de Matarile Teatro, Daimon y la jodida lógica, que se representará este sábado 14 de marzo, ás 20:30 horas, no Auditorio de Galicia. Na rolda estivo acompañada de Ana Vallés e Baltasar Patiño, directores creativos da compañía.
ACCIÓN CULTURAL
A segunda xornada do Festival Atlántica enche de contos os centros socioculturais de Santiago
No seu segundo día de actividade, o Festival Atlántica vai desenvolver a súa programación nas sedes de Ferrol, Ourense, Vigo e Teo, amais dos espectáculos de Santiago. Así, está previsto que este xoves, 12 de marzo, os/as protagonistas do día sexan os centros socioculturais, con catro funcións nas que participarán seis artistas do Festival, todas elas gratuítas ata completar o aforo.
SAÚDE
INFORMACIÓN RELATIVA Á ENFERMIDADE POLO NOVO CORONAVIRUS (COVID-19)
Informacións, avisos e recomendacións do Concello de Santiago relativas á enfermidade polo novo coronavirus, COVID-19. Na relación vanse incorporando as diferentes medidas adoptadas polas autoridades municipais e retirando aquelas restricións que van deixando de estar en vigor en función das fases de desescalada.
MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
Reunión en Raxoi sobre a comarcalización do Parque de Bombeiros
O Pazo de Raxoi acolleu este mércores unha reunión na que participaron o concelleiro de Seguridade Cidadá do Concello de Santiago, Gonzalo Muíños; os alcaldes de Ames, José Manuel Miñones; de Boqueixón, Manuel Fernández Munín; de Brión, José Luis García; de Teo, Rafael Sisto; de Vedra, Carlos Martínez Carrillo; así como outros representantes dos muncipios de Val do Dubra e Ames. Na axenda, un único punto: a comarcalización do Parque de Bombeiros. O Goberno local aposta...