CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia ofrece un concerto este xoves no marco das Xornadas de Música Contemporánea
A Real Filharmonía de Galicia protagoniza un dos concertos das Xornadas de Música Contemporánea, organizadas polo Concello de Santiago, o Consorcio de Santiago, a Universidade de Santiago, o Centro Galego de Arte Contemporánea e a Deputación da Coruña. A cita será mañá xoves 13 de xuño, ás 20:30 horas, no Auditorio de Galicia, con entrada libre ata completar o aforo. A batuta levaraa o director titular e artístico da RFG, o mestre Paul Daniel.
PLENO
Celebrado o último Pleno da lexislatura 2015-2019
Este mércores celebrouse o último Pleno da Corporación da lexislatura 2015-2019. Foi unha sesión extraordinaria na que o único punto da orde do día foi a lectura de actas das sesións plenarias do 10 e 27 de abril. O Pleno serviu tamén de despedida para aqueles concelleiros e concelleiras que non repetirán na nova Corporación.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Exposta a listaxe provisional de admitidos/as na Escola Municipal de Música para o curso 2019-2020
A Concellaría de Educación e Cidadanía comunica a exposición pública da listaxe provisional de admitidos/as na Escola Municipal de Música para o curso 2019-2020. Ábrese agora un período de reclamación de 10 días naturais, pasados os cales se establece un prazo de matrícula do 24 de xuño ao 5 de xullo.
ALCALDÍA E CENTROS CÍVICOS
O alcalde en funcións participou na entrega dos premios do concurso Selfie LIX de Galicia
O alcalde en funcións, Martiño Noriega, e a concelleira de Políticas Sociais e Centros Cívicos en funcións, Concha Fernández, participaron na entrega dos premios do concurso Selfie LIX de Galicia, convocado pola Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, o Consejo General del Libro, o Consell del Llibre Infantil i Juvenil e o Galtzagorri Elkartea, para conmemorar o Día Internacional do Libro Infantil. O acto celebrouse no Centro Cívico Aurelio Aguirre de Conxo.