ALCALDÍA
O alcalde aposta por converter Lavacolla no "gran centro de comunicacións de Galicia"
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, aposta por converter Lavacolla non só non "aeroporto central de Galicia", senón no "gran centro de comunicacións de Galicia". Quere que a estación do AVE e mesmo a estación de autobuses se sitúen en Lavacolla, e así llo transmitirá ao presidente da Xunta e á ministra de Fomento.
EMPREGO
O Concello de Santiago pon en funcionamento a primeira Axencia Local de Colocación pública de Galicia
A concelleira de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, Paula Prado, anunciou a posta en marcha da Axencia Local de Colocación, que será a primeira de Galicia con carácter público. Este servizo, que conta tamén cunha nova imaxe gráfica, ofrecerá servizos de orientación e intermediación laboral.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobadas modificacións nas zonas de influencia de varios centros escolares
A Xunta de Goberno Local, na súa sesión ordinaria, aprobou as modificacións das zonas de influencia de varios centros escolares. Tamén deu o visto bo a melloras no alumeado nas parroquias de A Gracia, Carballal, Laraño e Villestro.
CULTURA
David Amor inaugura "Falabaratos. Monólogos, contos e outros shows"
David Amor inaugura o martes 14 un novo ciclo da Concellaría de Cultura, Falabaratos. Monólogos, contos e outros shows, co seu espectáculo Fóra de sitio, ás 21:00 horas no Teatro Principal.