DEREITOS E SERVIZOS SOCIAIS
O Concello súmase á conmemoración do Día Nacional do Dano Cerebral
Santiago acolleu este mediodía un acto organizado pola Asociación Sarela para conmemorar o Día do Dano Cerebral, que dende o ano 2007 se celebra cada 26 de outubro, onde se deu lectura a un manifesto por parte de familiares e persoas afectadas por esta enfermidade. No acto participaron a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas e representantes de todos os grupos municipais.
XUVENTUDE
Os obradoiros de prevención da adicción ao xogo da Concellaría de Xuventude chegarán a 1.300 alumnos e alumnas este curso
Uns 1.300 alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO participarán ao longo deste curso nos Obradoiros de prevención da adicción ao xogo, que tén en marcha a Concellaría de Xuventude nos institutos de Santiago. Ao longo deste primeiro trimestre están previstas 27 intervencións, que chegarán a un total de 650 adolescentes. O obxectivo deste programa, tal e como explica a concelleira María Rozas, é "sensibilizar á mocidade dos riscos dos xogos de azar e prever comportamentos aditivos relacionados co xogo".
PLENO
O Concello aproba unha declaración institucional contra a violencia machista con motivo do 25N
O Pleno da Corporación Municipal aprobou esta mañá unha declaración institucional na que todos os grupos municipais de forma conxunta condenan "todas as formas de violencia machista" e comprométense a traballar "na súa eliminación de todos os espazos do Concello" con medidas concretas e de xeito coordinado con outras institucións.
URBANISMO
O Concello manterá unha reunión coas asociacións hostaleiras para informar das medidas de prevención de incendios
O Concello de Santiago, como xa trasladou o departamento de Urbanismo a representantes do sector da hostalaría e do lecer, ten prevista unha xuntanza de carácter informativo para o próximo xoves 2 de novembro destinada a explicar o contido do plan para verificar as medidas de prevención de incendios de locais de lecer nocturno e infantil.