TURISMO
Concello de Santiago e Unión Hotelera manteñen unha xuntanza para abordar os retos do novo modelo turístico de Compostela
A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, acompañada da concelleira de Turismo, Míriam Louzao, mantivo esta mañá unha xuntanza con representantes de Unión Hotelera para tratar diversos temas de interese para o sector turístico.
ALCALDÍA
Recepción ao embaixador de Malta en España
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, recibiu esta mañá no Pazo de Raxoi o embaixador de Malta en España, Daniel Azzopardi, que veu acompañado polo cónsul honorario de Malta en Galicia, Gabriel Baltar Giraud.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Xornadas informativas para as empresas que aspiren ás subvencións a Empresas de Economía Social e aos Premios á Excelencia Empresarial
A concellería de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude organiza dúas xornadas informativas dirixidas ás empresas que queiran optar ás subvencións destinadas a apoiar as empresas de economía social ou aos premios á excelencia empresarial. O obxectivo é clarificar dúbidas con respecto a ambas convocatorias, que veñen de ser publicadas con modificacións respecto da anterior edición. As xornadas serán o próximo luns, no edificio CERSIA de San Lázaro.
MOBILIDADE
O Goberno inicia os trámites para asumir a xestión do cobro das multas a través de Tussa
O concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais, Xan Duro, anunciou hoxe o inicio dos trámites para asumir a xestión directa do cobro das multas a través de Tussa. O primeiro paso será a ampliación do obxecto social da sociedade municipal nos seus estatutos. Xan Duro lembrou que a empresa concesionaria do cobro das multas percibe case o 27% dos ingresos anuais recadados en vía voluntaria, unha porcentaxe que en 2022 equivaleu a máis de medio millón de euros.
CONSORCIO
Joana Carneiro dirixe a Real FIlharmonía de Galicia en Vigo, Santiago e Lugo con André Cebrián como frautista solista
A Real Filharmonía de Galicia ofrece esta semana o seu segundo concerto da temporada Migracións. Será dirixido pola principal directora convidada da orquestra, Joana Carneiro, e nel actuará como intérprete solista o frautista santiagués André Cebrián.