XUNTA DE GOBERNO

Aprobada a convocatoria de subvencións destinadas ao fomento de actividades a prol da igualdade e á prevención das violencias machistas

20/05/2024

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a convocatoria para a concesión de subvencións para o fomento de programas e actividades en prol da igualdade efectiva entre mulleres e homes e das persoas do colectivo lésbico, gay, bisexual, transexual, intersexual e queer (LGBTIQ+) e de prevención e loita contra as violencias machistas, para o ano 2024, que conta cun orzamento de 30.000 euros.

Ler máis

XUVENTUDE

Aberto o prazo de inscrición no Campamento de verán de surf destinado á mocidade de Compostela

20/05/2024

Un ano máis, os mozos e mozas de entre 14 e 17 anos teñen a oportunidade de participar nun campamento de verán de surf no concello de Oleiros, grazas ao programa organizado pola Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude. A actividade desenvolverase do 1 ao 8 de xullo, e o prazo para presentar as solicitudes estará aberto desde hoxe, 20 de maio, ata o 3 de xuño.

Ler máis

ALCALDÍA

Recepción á delegación de embaixadores e embaixadoras da UE

20/05/2024

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e membros da Corporación municipal recibiron esta mañá no Pazo de Raxoi unha delegación de embaixadores/as da Unión Europea acreditados en España, encabezados polo embaixador de Bélxica en España, Gerard Cockx, país que ostenta a presidencia de turno do Consello da UE durante este trimestre.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

O Concello aproba un convenio de colaboración coa USC para desenvolver accións concretas cara a un turismo máis sostible

20/05/2024

A Xunta de Goberno aprobou esta mañá o convenio de colaboración entre o Concello e a Universidade de Santiago para o desenvolvemento de traballos de investigación e actividades de I+D+i en materia de turismo sostible. O executivo municipal tamén deu luz verde a dous expedientes para realizar intervencións nas parroquias de Aríns e Laraño, así como a un convenio coa Xunta para a xestión do servizo de comedor en nove centros educativos para os cursos 2023-24 e 2024-25 e ao Plan municipal de prevención contra os...

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Santiago asume a presidencia de REDEL, a Rede de Entidades de Desenvolvemento Local

18/05/2024

A Rede de Entidades de Desenvolvemento Local, REDEL, vén de proclamar a súa nova Xunta Directiva na Asamblea Xeral celebrada en Xixón. Durante os próximos anos, o Concello de Santiago asumirá a presidencia da entidade, a través da técnica responsable da Oficina de Promoción Económica, Carme Casado. Da Xunta Directiva formarán parte outras dez entidades, de diferentes lugares de todo o Estado.

Ler máis

ALCALDÍA

O Concello reivindica o uso da lingua e a figura de Luísa Villalta con motivo do Día das Letras Galegas

16/05/2024

Na véspera do Día das Letras Galegas, o Concello de Santiago sumouse á súa celebración coa lectura por parte dos membros da Corporación dunha declaración institucional que reafirma o compromiso de todos os grupos políticos a prol do uso do galego na administración municipal e da súa promoción na sociedade. Durante o acto tamén se recoñeceu a figura de Luísa Villalta coa lectura dunha escolma dos seus poemas. Ademais, o Concelllo continúa coa súa campaña "Andei por...

Ler máis

DEPORTES

Compostela acolle esta fin de semana o I Campionato Galego de Billarda

16/05/2024

Este campionato, o primeiro destas características que se celebra nunha Comunidade Autónoma española, celebrarase o vindeiro domingo 19 de maio no campo de herba natural de Conxo a partir das 12:00 e contará arredor de 100 participantes dos máis de 200 federados/as en Galicia nesta disciplina deportiva.

Ler máis

RURAL

O Concello dota os centros socioculturais do rural compostelán de 46 ordenadores co obxectivo de reducir a fenda dixital

15/05/2024

A concelleira de Rural, Pilar Lueiro, deu conta hoxe en rolda de prensa da nova dotación de equipos de uso público para as aulas informáticas dos centros socioculturais da zona rural. En total, o Concello reforzará este servizo dirixido ás persoas usuarias dos centros con 46 ordenadores de sobremesa e monitores ao abeiro dun investimento do POS+ da Deputación da Coruña.

Ler máis
Compartir: