MOBILIDADE E CONVIVENCIA
Mañá finaliza o prazo para solicitar os "bonotaxis" para persoas con problemas de mobilidade ou maiores residentes no rural
Mañá, 3 de abril, finaliza o prazo para solicitar as axudas individuais para o uso do taxi como medio alternativo para persoas con mobilidade reducida ou persoas maiores residentes na zona rural, impulsadas desde a Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais. A súa contía pode oscilar entre os 150 e os 350 euros, nun pago único.
CENTROS SOCIOCULTURAIS E COMERCIO
A Rede de Centros Socioculturais converte o comercio de Santiago no "Museo máis pequeno da cidade"
Os establecementos comerciais de Santiago convertiránse en pequenos museos para albergar obras de arte en miniatura realizadas polos veciños e veciñas, grazas ao programa "O museo máis pequeno da cidade", impulsado pola Concellaría de Centros Socioculturais. Os concelleiros Xan Duro e María Rozas presentaron hoxe a actividade, coa que a rede de CSC se suma tamén á celebración do Día Mundial dos Museos, o 18 de maio. As persoas que desexen participar achegando a súa proposta artística poderánse...
VIVENDA
Constitúese a Comisión Especial para crear unha empresa municipal de vivenda
O Concello de Santiago de Compostela está a dar os pasos necesarios para a creación dunha sociedade mercantil de capital integramente municipal que contribúa á necesaria mellora das condicións de acceso á vivenda e á rehabilitación e recuperación do patrimonio inmobiliario compostelán. O Goberno local entende que unha empresa pública é un instrumento fundamental para unha política efectiva en materia de vivenda.
CAPITAL CULTURAL
A mostra ‘#Punctum, beliscos de BD na arte contemporánea galega’ bota a andar no Auditorio de Galicia
A exposición inclúe traballos de artistas da BD e o fanzine galego como Maru Astray, Julia Lago, Bea Lema, Uxía Larrosa, Xulia Pisón e Pepa Prieto Puy e poderá ser visitada do 2 de abril ao 16 de xuño. Comisariada por Íñigo Rodríguez Román, a mostra forma parte do programa ‘Mulleres en cadriños’, unha iniciativa dirixida por Neves Rodríguez para pór en valor o traballo das mulleres na banda deseñada galega.