IGUALDADE
O Concello de Santiago lanza a campaña "Construamos o termo feminista de Compostela" e distingue varias mulleres vinculadas coa cidade polo 8 de marzo
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, acompañada polas coordinadoras da campaña de 7H Sociedade Cooperativa Galega, presentou esta mañá a iniciativa "Construamos o termo feminista de Compostela" que se materializará nunha serie de encontros participativos que se desenvolverán ao longo dos meses de marzo, abril e maio. O Concello de Santiago tamén fará un recoñecemento a varias mulleres que son referentes da cidade tanto pola súa traxectoria profesional como vital, no acto "Mulleres de Compostela...
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Bota a andar a cuarta edición de "Somos Cultura" para difundir a riqueza das industrias culturais de Compostela
Neste mes de marzo, as redes sociais encheranse de contidos audiovisuais para animar o consumo cultural e poñer en valor a fortaleza das industrias culturais de Santiago. Será no marco da campaña "Compostela Somos Cultura", impulsada desde a Concellaría de Promoción Económica, e que chega á súa cuarta edición. O edil do departamento en funcións, Xan Duro, presentou hoxe o programa, nunha rolda de prensa na que participaron o director artístico do proxecto, Xacobe Martínez Antelo, e a técnica...
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno adxudica o contrato do servizo de mantemento das pistas deportivas exteriores municipais de acceso libre
O executivo municipal deu luz verde esta mañá á adxudicación do contrato para o servizo de inspección, mantemento, limpeza e traballos auxiliares das pistas deportivas exteriores de acceso libre do Concello de Santiago á empresa ACEINSA MOVILIDAD SA, por un importe de 275.880 euros (228.000 euros máis 47.880 euros de IVE). O executivo municipal tamén aprobou a lista de persoas autorizadas para usar as hortas urbanas municipais de Cotaredo.
LINGUA
Máis de medio cento de vídeos recibidos para participar na sétima edición do Enreguéifate
"Temos madeira regueifeira!" era o lema elixido para esta sétima edición do Enreguéifate. Unha afirmación que quedou constatada coa participación récord deste ano, xa que o certame vén de pechar inscricións cun total de 56 vídeos recibidos, 47 deles na categoría escolar e 9 na xeral. Entre elas, regueifas chegadas dende todos os recunchos das catro provincias galegas (Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela, Teo, Vigo, Vilalba, A Coruña, Viana do Bolo, Melide, Vila de Cruces ou Dodro, entre...
CAPITAL CULTURAL
‘Deadpan Karaoke’ fai do público o auténtico protagonista
O Teatro Principal acolle esta semana dous pases da última montaxe de Ibuprofeno teatro: o xoves 7 e o venres 8 ás 20.30 horas. Patricia Rodríguez, na dirección, e Marián Bañobre, na interpretación, encabezan un equipo creativo composto maioritariamente por mulleres.
CAPITAL CULTURAL
A Real Filharmonía de Galicia estrea a obra ‘De mar a mar’ do compositor galego Jacobo Gaspar
O programa, que leva por título ‘Ondas de inspiración’, tamén inclúe obras de Stravinski e Schumann e será dirixido por Johanna Malangré. Enmarcado no ciclo (EN)FOCO, o concerto contará cos comentarios da musicóloga Rosa Fernández e desenvolverase na Sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia o venres, 8 de marzo ás 20.30 horas