DEPORTES
O Auditorio acollerá o vindeiro 18 de marzo a gala de entrega dos Premios Santiago Deporte
Os VI Premios Santiago Deporte terá a súa gala o vindeiro luns, 18 de marzo. Na cerimonia, que comezará ás 20 horas, entregaranse os galardóns das 12 categorías desta edición cos que se busca recoñecer publicamente as persoas, entidades, centros educativos e empresas que polo seu labor desenvolvido ao longo da tempada 2022/23 ou no ano 2023 contribuíron ao fomento da práctica de actividade física e o deporte entre a poboación de Compostela.
ALCALDÍA
Minuto de silencio con motivo do 20 aniversario dos atentados de Madrid
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio no Día Europeo en Memoria das Vítimas do Terrorismo con motivo do 20 aniversario dos atentados de Madrid onde faleceron 193 persoas.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Reúnese o Consello Económico e Social para tecer lazos e avanzar na diversificación da base económica de Santiago
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, presidiu a reunión do Consello Económico e Social, onde se presentaron as liñas xerais dos orzamentos municipais, os datos da evolución socioeconómica de Compostela, o calendario de traballo para este exercicio e a folla de ruta para elaborar o Plan de Acción para a Economía Social nos barrios.
XUNTA DE GOBERNO
Apróbanse as bases da convocatoria de axudas de taxi para persoas con dificultades de mobilidade
A Xunta de Goberno deu luz verde esta mañá ás bases da convocatoria de axudas individuais para usar o taxi como medio alternativo para as persoas con dificultades de mobilidade ou que presentan limitacións para o uso do transporte colectivo en Santiago. O Concello destinará 15.000 euros a estas axudas cuxo prazo de solicitude será de dez días hábiles a partir do día seguinte a publicación das bases no BOP. Tamén se aprobou a corrección que permite avanzar no proxecto de acondicionamento do inmoble que...
EDUCACIÓN
A Escola infantil das Fontiñas reabre mañá martes
O Departamento de Educación comunica que a Escola infantil das Fontiñas trasladoulles ás familias que reabre as instalacións este martes, logo do incidente rexistrado por unha filtración de auga que obrigou a suspender a súa actividade durante a xornada deste luns co obxecto de valorar a situación e garantir a seguridade.