BENESTAR ANIMAL
O Concello lanza unha campaña para loitar contra o maltrato e o abandono animal
A Concellería de Deportes e Benestar Animal vén de lanzar unha campaña centrada na prevención do maltrato e do abandono animal. A través do lema "Non o abandones, non o maltrates. Rompes o seu corazón, rompes a túa familia" esta campaña fai fincapé na inclusión xurídica dos animais domésticos como "membros da familia". A iniciativa foi presentada esta mañá en rolda de prensa pola concelleira de Benestar Animal, Esther Pedrosa, acompañada pola directora de...
AUDITORIO DE GALICIA
O Auditorio de Galicia acolle as Xornadas de Ilustración urbana, dentro do programa de Compostela Ilustrada
A Sala Mózart do auditorio de Galicia acolle ata este sábado as Xornadas de Ilustración Urbana. Tres sesións que se celebran en horario de tarde, a partir das 16.30h e con conferencias de nomes de recoñecido prestixio no mundo da ilustración. Este xoves foi a inauguración da man da directora de Compostela Ilustrada, Maru Godas, que será a encargada de moderar as conferencias. Tamén na inauguración a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón destacou que eventos como este poñen "en valor o...
ACCIÓN CULTURAL
Vistas a Eslovenia desde o Museo do Pobo Galego
A exposición Eslovenia, do fotógrafo Janez Kramar, organizada polo Concello de Santiago en colaboración co Museo do Pobo Galego, abriu esta mañá as súas portas ao público. Son 31 imaxes nas que se poden apreciar a "riqueza paisaxística e cultural de Eslovenia que conta cun importante mosaico baixo a protección da UNESCO" destacou a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón no acto de inauguración que contou tamén coa presencia do embaixador de Eslovenia en España, Robert Krmelj.