MOCIDADE

Nova edición do festival de muralismo Compostela Contemporánea, con dúas intervencións programadas en Pontepedriña e Conxo

02/11/2022

Santiago acolle, este mes de novembro, unha nova edición de Compostela Contemporánea "Festival de Muralismo e Intervencións Urbanas" que contempla, entre os seus obxectivos, a rexeneración artística de espazos urbanos deteriorados ou abandonados; e o achegamento da arte urbana á cidadanía. Presentárono hoxe o concelleiro de Mocidade, Rubén Prol; Javier Mourón Figueroa (Mou), de Mutante Creativo; e Marcos Couso Sánchez (Sokram), un dos muralistas que participará no evento.

Ler máis
Compartir: