TURISMO

Santiago finalista dos Premios SICTED á calidade turística

10/11/2022

Turismo de Santiago desenvolveu este ano una estratexia específica de Comunicación e Marketing do proxecto, prestando especial atención a sostibilidade. Este Plan é finalista aos premios SICTED dentro da categoría de Mellor Proxecto de Mellora de Destino. Estes galardóns serán entregados na vindeira edición de Fitur, que se celebrará en Madrid do 18 ao 22 de xaneiro.

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Xa están abertas as inscricións en todas as actividades do Talentia Summit 2022

10/11/2022

A maior feira virtual de talento e emprego, Talentia Summit 2022, abre desde hoxe o prazo para reservar unha das 15.000 prazas dispoñibles na ampla oferta de actividades. A feira virtual estará aberta desde o 14 ata o 18 de novembro, con une elevado número de empresas activas, e miles de prazas gratuítas en formación online dispoñibles a golpe de click. Unha aposta por potenciar o talento local que foi presentada esta mañá polo alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado polo responsable do Departamento de...

Ler máis

MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ

A Policía Local desenvolve un novo programa de actividades para achegar a seguridade viaria aos colexios e institutos da cidade

10/11/2022

"Cada día máis seguros" é o lema do Departamento de Educación Viaria da Policía Local para este curso 2022-23, no que levará as súas campañas e actividades a colexios e institutos da cidade. Un ano máis, estas actividades pretenden achegar a seguridade viaria ao alumnado de primaria, ESO e bacherelato do concello. Tamén se prevé a realización de accións neste ámbito dirixidas ás persoas con discapacidade e aos maiores.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Exeria volve a facer camiño cunha escultura homenaxe á que foi a primeira peregrina hispana

10/11/2022

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e as concelleiras de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e de Políticas Sociais, Mila Castro, asistiron esta tarde na nova praza remodelada na confluencia entre a rúa dos Concheiros, a Avenida Rodriguez de Viguri e a rúa Berlín á inauguración da escultura en homenaxe a Exeriao. A peza, obra da artista Soledad Pite Sanjurjo, pretende evocar a figura da que está considerada como a primeira peregrina hispana.

Ler máis
Compartir: