PATRIMONIO
O Parque Arqueolóxico Compostela Rupestre dotarase dun plan director
A concelleira de Urbanismo e Acción Cultural, Mercedes Rosón, xunto a representantes da Deputación da Coruña e dos concellos de Ames, Brión e Teo, participou na Xuntanza do Consello Director de Compostela Rupestre. Foi unha reunión telemática na que se decidiu a licitación do Plan Director de Xestión do Parque Arqueolóxico Compostela Rupestre, que se licitará por 95.567,01 €.
EDUCACIÓN
Este venres remata o prazo de preinscrición para novo alumnado na Escola Municipal de Música
A Concellaría de Educación lembra que mañá venres remata o prazo de presentación de solicitudes de ingreso na Escola Municipal de Música. Os impresos poden descargarse na web municipal ou na da da propia EMM.
ACCIÓN CULTURAL
O Auditorio retoma este venres a actividade expositiva coa mostra "Xirarei", comisariada por Fausto Isorna
A exposición Xirarei: Deseño de cubertas no disco galego 1955/1995 volverá abrir este venres, 5 de xuño, no Auditorio de Galicia. Interrompida por mor do cese das actividades culturais durante o confinamento, esta mostra comisariada por Fausto Isorna ve agora ampliado o seu período de exhibición na sala Isaac Díaz Pardo ata o 26 de xullo.
TURISMO
O Grupo de Cidades Patrimonio aproba unha campaña promocional dirixida ao mercado nacional que arrinca este mes de xuño
O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, participou na Comisión de Turismo do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, reunida este xoves de forma telemática. Na xuntanza aprobouse a posta en marcha dunha campaña publicitaria dirixida ao mercado nacional que se vai a desenvolver de xuño a decembro de 2020.