XUNTA DE GOBERNO
O transporte público recuperará a normalidade o 1 de xullo coa entrada en vigor do horario de verán
Tal como xa anunciara a pasada semana, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, confirmou que o transporte público recuperará o seu funcionamento ordinario o próximo 1 de xullo. Esta foi unha das medidas aprobadas na Xunta de Goberno deste luns, na que tamén se validou o servizo de limpeza e desinfección dos parques infantís.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Propostas seguras e para todas as idades nunha nova edición de "Vive o verán"
Chega o verán e con el un dos programas máis consolidados na programación municipal como é Vive o verán. Son máis de 4.500 prazas para 325 actividades que se desenvolverán nos centros socioculturais da cidade ao longo do mes de xullo, que se únen ás xa presentadas para os centros do rural.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello destina 620.000 euros á convocatoria de bolsas de comedor, compra de material escolar e actividades extraescolares
A Xunta de Goberno Local aprobou a convocatoria de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e actividades extraescolares para o alumnado dos centros docentes públicos e concertados sostidos con fondos públicos de educación infantil (2º ciclo) e de educación primaria obrigatoria para o curso 2020/2021. A convocatoria publicarase en breve no Boletín Oficial da Provincia (BOP).
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba unha modificación de crédito para a mellora de varias instalación deportivas
A Xunta de Goberno deu o visto bo este luns a unha modificación de crédito, por un importe total de 182.019 euros, procedentes de baixas por anulación, para o financiamento de varias obras de mellora en instalación deportivas do municipio. Este cambio orzamentario será sometido á aprobación do Pleno este vindeiro xoves.
ALCALDÍA
Constituído o Consello Económico e Social co obxectivo de afrontar o escenario xurdido da crise da COVID-19
Hoxe quedou constituído o Consello Económico e Social do Concello de Santiago, presidido polo alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, cunha prioridade: "afrontar o escenario económico e social que se deriva da crise da COVID-19". O rexedor espera que este órgano funcione, a partir de agora, de xeito estable, xa que, recorda, reuniuse entre os anos 1999 e 2010, e a partir de aí non se volveu convocar.