ALCALDÍA
Recuperada do río Sar a talla dunha posible virxe gótica
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, acompañados por responsables da Asociación para a Defensa do Patrimonio Cultural Galego (APATRIGAL) e do responsable do achado, supervisaron esta mañá o comezo do traballo de recuperación dunha talla de vulto redondo que representa unha Virxe sedente con anxos. A escultura será trasladada ao longo do día de hoxe ao Museo das Peregrinacións e de Santiago, onde será depositada e estudada en profundidade...
ROLDAS DE PRENSA
O Concello dá continuidade ao tícket especial de compra e reordena os aforos dos mercados de Abastos e de Salgueiriños
A Xunta de Goberno Local celebrada este luns adoptou diversas medidas de acordo coas esixencias marcadas dende este luns pola Xunta de Galicia na nova etapa de normalidade. Entre estas decisións figura o reordenamento dos aforos dos mercados de Abastos e de Salgueiriños, a continuidade do programa do tícket especial de compra ou a volta do estacionamento ORA á situación antes da crise da COVID-19.
IGUALDADE
Minuto de silencio polas últimas vítimas mortais da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar os últimos tres asasinatos machistas, dunha muller e dous dos seus dous fillos, acontecidos este domingo en Úbeda, Xaén.
TURISMO
Aberta a oficina de información turística de Santiago con todas as garantías sanitarias
O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, visitou hoxe a oficina de información turística de Santiago, que abriu as súas portas ao público logo de tres meses pechada por mor da COVID-19. Para a apertura segura da oficina dende o punto de vista sanitario, Turismo de Santiago elaborou un Plan de Continxencia propio e adaptou o protocolo definido polo Instituto para la Calidad Turística Española.
ALCALDÍA E POLÍTICAS SOCIAIS
O alcalde compra o seu primeiro cupón da ONCE despois da desescalada
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado da concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, mercou hoxe o seu primeiro cupón da ONCE despois da desescalada, no punto de venda situado na praza de Cervantes. Atendeunos a titular do quiosco, Nuria Novás, nun acto simbólico que tiña por obxectivo visualizar o regreso dos traballadores e traballadoras da organización á nova normalidade, e no que tamén estivo presente o director da ONCE en Santiago, José Antonio Riveiro Canosa.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo visita o punto de información sobre o Ingreso Mínimo Vital habilitado polo Concello no Mercado de Abastos
O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, visitou o punto de información sobre o Ingreso Minimo Vital (IMV) habilitado polo Concello no Mercado de Abastos, que hoxe abría as súas portas, xunto ao situado en Área Central, en Fontiñas. As dúas oficinas xa teñen concertadas 720 citas para as vindeiras semanas a razón de 40 por día.