ALCALDÍA
Dous puntos de información no Mercado de Abastos e Área Central asesorarán na tramitación do Ingreso Mínimo Vital
A partir do martes 16 de xuño haberá dous puntos de información no Mercado de Abastos e en Área Central dende os que se informará á cidadanía sobre o Ingreso Mínimo Vital. Xa están formalizadas 620 citas, a razón de 40 por día, para as vindeiras semanas.
ALCALDÍA
Visita ás obras de ampliación do Museo do Pobo Galego
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, visitaron hoxe as obras adecuación da ala sur do conxunto de San Domingos de Bonaval para uso do Museo do Pobo Galego, dirixida polo Consorcio de Santiago. Na visita tamén participou, entre outros, o presidente do Padroado do Museo, Justo Beramendi.
FESTAS
Abertas dende o 19 de xuño as reservas para participar en "Prima20", a festa do comercio local
Do 25 ao 28 de xuño e o 4 de xullo celebrarase nas rúas de Compostela Prima20, a aposta do Concello para reactivar o comercio local e recuperar para a cidadanía as rúas de Santiago na volta á "nova normalidade". Serán cinco xornadas cheas de actividades, para as que haberá que reservar mediante cita previa, co obxecto de controlar aforos e así garantir as distancias de seguridade. O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, ofreceron os detalles...
CIDADE HISTÓRICA
Concello e Xunta pechan a consulta pública a operadores con tres propostas de despregamento de fibra no casco histórico
O Concello de Santiago e a Xunta de Galicia veñen de pechar o proceso de consulta aberta a operadores para despregar fibra no conxunto histórico de Santiago coas propostas de R, Telefónica e Orange, operador que vén de solicitar licenza para comezar a despregar este ano. Os detalles desta proposta daranse a coñecer a principios da semana que vén.
TURISMO
A oficina de información turística de Santiago abre este luns con todas as garantías sanitarias
A oficina de información turística de Santiago abrirá o próximo luns, 15 de xuño. Para a apertura segura da oficina dende o punto de vista sanitario, Turismo de Santiago elaborou un Plan de Continxencia propio e adaptou o protocolo definido polo Instituto para la Calidad Turística Española. Durante o tempo que permaneceu pechada, o servizo de información turística atendeu máis de 1.100 consultas a través de correo electrónico, teléfono e chat.
EDUCACIÓN
Convócanse as Escolas de Verán 2020 para nenos e nenas de entre 3 e 12 anos
A FANPA (Federación de Asociacións de Nais e Pais de Compostela) vén de convocar as Escolas de Verán, coas que este ano colabora o Concello de Santiago, segundo o convenio asinado hoxe entre as partes. Estas escolas están dirixidas a menores con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, que estiveran escolarizados no segundo ciclo de educación infantil ou en primaria durante o curso 2019/2020.
COMERCIO
Aprobada a convocatoria de subvencións para as asociacións comerciais
Nunha Xunta de Goberno Local extraordinaria celebrada este venres, aprobáronse as bases da convocatoria de subvencións para actividades de promoción e dinamización comercial. Estas axudas, cunha dotación total de 60.000 euros, están dirixidas ás asociacións comerciais, que poderán optar a cubrir ata o 75% do orzamento de gasto, cun límite de 30.000 euros por entidade.