XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno dá o visto bo ao novo plan para o mercado de Salgueiriños
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, deu conta en rolda de prensa dos asuntos tratados na Xunta de Goberno Local ordinaria celebrada este luns. Entre eles figurou o novo plan de distribución e autorizacións do mercado de Salgueiriños, dúas novas licenzas para instalacións de ascensores nas ARI de Vista Alegre e Pontepedriña ou a apertura do expediente de contratación das obras de acondicionamento do entorno do Centro Sociocultural da Gracia.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobadas as convocatorias de subvencións para a recuperación da actividade cultural en Compostela
A Xunta de Goberno deste luns aprobou as bases de dúas convocatoria de subvencións para o fomento das actividades culturais durante o ano 2020: unha destinada a asociacións culturais e outra ao sector profesional. O prazo de solicitudes será dun mes, contado dende o día seguinte á publicación das respectiva convocatorias no Boletín Oficial da Provincia (BOP).
ACCIÓN CULTURAL
Aberto o prazo de presentación de candidaturas aos Premios SELIC de creación literaria
Co obxectivo de incrementar a presencia de Santiago de Compostela na literatura escrita en galego, a concellaría de Acción Cultural abre a convocatoria de creación literaria SELIC, cun premio e dous accésits para obras escritas na nosa lingua nos xéneros de narrativa, poesía e teatro, aos que nesta edición se incorpora unha nova modalide: ensaio. O prazo de presentación de convocatorias finaliza o 30 de setembro. O premio terá unha dotación de 6.000 euros e os dous accésits serán de 1.500 euros cada un.
IGUALDADE
O Goberno local destina 30.000 euros a subvencións para programas de igualdade
A Xunta de Goberno Local aprobou este luns as bases da convocatoria de subvencións para o fomento de programas e actividades en prol da igualdade efectiva entre mulleres e homes e das persoas do colectivo LGTBIQI (lésbico, gay, transexual, bisexual, queer e intersexual) e de prevención e loita contra as violencias machistas para o ano 2020. Destínase unha partida global de 30.000 euros e a contía máxima de subvención por entidade solicitante será de 3.000 euros.
CONSORCIO
O vindeiro 12 de xuño remata o prazo para solicitar as axudas para a rehabilitación dos locais comerciais da cidade histórica
O Consorcio de Santiago destinará este ano un total de 35.000 euros á rehabilitación dos locais comerciais da cidade histórica a través do seu Programa Localízate. As solicitudes e a documentación poderán presentarse no rexistro do Consorcio, situado no número 59 da rúa do Vilar, ou en calquera outro rexistro. O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 12 de xuño.
EMPREGO
O Concello lanza un simulador do Ingreso Mínimo Vital e habilita dous puntos de información
Coa aprobación do Ingreso Mínimo Vital por parte do Goberno central, a Área de Emprego do Concello de Santiago está impulsando diversas medidas de consulta e apoio para facilitar a información sobre esta prestación non contributiva á cidadanía máis vulnerable da cidade. Así, este luns, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o técnico municipal responsable de Emprego, Xavier Ferreiro, presentaron un simulador do Ingreso Mínimo Vital, que permite consultar de forma moi sinxela o cumprimento...