ALCALDÍA

O alcalde destaca a aposta do concello pola biotecnoloxía e o emprendemento social na visita á II Feira de emprendedoras de Compostela

31/10/2020

O alcalde compostelá, Xosé Sánchez Bugallo, visitou a "II Feira de outubro de emprendedoras de Compostela" que rematou hoxe. O rexedor achegouse ata a Aula Gastrocultural do Mercado de Abastos, onde destacou que "é necesario apostar pola innovación e o emprendemento" e pór en valor "aquelo que nós temos, que nos permite competir en mellores condicións nunha economía aberta . O rexedro tamén lembrou a aposta do concello pola biotecnoloxía "onde a universidade de Santiago é...

Ler máis

EMPREGO

O alumnado do obradoiro de emprego CREAS II acondiciona e recupera un espazo no monte Viso para a veciñanza

30/10/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado pola directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado Lago, e polo enxeñeiro xefe da Área de conservación e explotación de estradas da Coruña, Eduardo Toba, visitou o obradoiro de emprego dual CREAS II, co que se está a realizar unha intervención de mellora medioambiental para a rexeneración do Monte Viso.

Ler máis

ALCALDÍA

Sánchez Bugallo amosa a súa satisfacción pola inclusión da futura estación do AVE de Santiago no proxecto de orzamentos do Estado, cun investimento superior aos 30 millóns de euros

30/10/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, aclarou que no proxecto de orzamentos do Estado para o 2021 si está incluída a estación de tren. Un tema importante para a cidade, sinalou "estratéxico, cun investimento previsto de 30.450.000 euros", para "facer a estación do AVE de Santiago". Este apunte está, explicou, no apartado de alta velocidade. O rexedor recoñeceu que onte pasoulle inadvertido, pero despois de falar coa presidenta de Adif, Isabel Pardo de Vera, "envioume a páxina", na que...

Ler máis

CIDADES PATRIMONIO

As 15 cidades patrimonio da Humanidade traballan para reorientar as estratexias de turismo na situación actual

29/10/2020

A Comisión de Turismo do Grupo, formada polos técnicos de Turismo das 15 cidades que forman a rede, mantivo unha xuntanza telemática na que se analizaron as conclusións da III Fase do Observatorio Turístico do Grupo, un estudo financiado pola Secretaría de Estado de Turismo desde 2018 e que ten como fin analizar cada ano os datos de viaxeiros nestes destinos para optimizar e adaptar a promoción turística e campañas estratéxicas. Este estudo xa foi presentado o pasado 13 de outubro aos concelleiros da rede.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

O Festival Atlántica volve este outono para completar a súa oitava edición

29/10/2020

Tras a interrupción de marzo por mor da declaración do estado de alarma, o Festival Atlántica vén de anunciar a continuación da súa oitava edición, que se vai celebrar entre novembro e decembro. A presentación tivo lugar este xoves, 29 de outubro, nunha rolda de prensa na que participaron Mercedes Rosón, primeira tenente de alcalde e concelleira Responsable de Urbanismo, Vivenda, Cidade Histórica e Acción Cultural do Concello de Santiago de Compostela; e Soledad Felloza, directora do Festival Atlántica.

Ler máis
Compartir: