XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba a apertura do procedemento de adxudicación das obras do muro do Pombal
30/08/2021
Ler máis
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, deu conta dos asuntos máis destacados da Xunta de Goberno local, que aprobou o expediente de contratación das obras para o tratamento arquitectónico do muro do Pombal e acordou a apertura do procedemento de adxudicación cun tipo de licitación de preto de 370.000 euros.