XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba a segregación e concesión demanial da parcela onde se construirá o biopolo, así como a licenza de obras do Centro de Servizos Innovadores
A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión ordinaria, aprobou hoxe a segregación e concesión demanial da parcela CSIEB do EQ-02 do parque empresarial da Sionlla, a favor de Sionlla Biotech, S.L; e a concesión de licenza de obras a esta mesma sociedade, para a construción do Centro de Servizos Innovadores para Empresas Biotecnolóxicas . Explicárono en rolda de prensa o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón.
POLITICAS SOCIAIS
Asinados os convenios para 2021 coas asociacións Sarela, Itínera, Agadea e Acem, polos que se subvencionan distintos programas de carácter social
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asinou esta mañá os convenios de colaboración para 2021 coas seguintes entidades sociais: Asociación de dano cerebral de Compostela, "Sarela" (3.000 euros); Asociación Itínera de voluntarios en saúde mental (5.000 euros); AGADEA, Asociación Galega para Axuda dos Enfermos con Demencia tipo Alzheimer (3.000 euros); e ACEM, Asociación Compostela de Esclerose Múltiple (9.000 euros). En total, os convenios asinados hoxe suman 20.000 euros. No acto tamén...
URBANISMO
Os restos arqueolóxicos aparecidos nas obras da Costa do Cristo pertenecen ao muro de contención dunha escaleira que baixaba do antigo Hospital Real
Os restos arqueolóxicos aparecidos o pasado venres nas obras da Costa do Cristo non son da muralla que rodeaba Santiago de Compostela. Confirmárono o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Urbanismo e Cidade Histórica. Mercedes Rosón sinalou que todo apunta a que pertencen ao muro de contención dunha escaleira que baixaba do Hostal dos Reis Católicos cara a Costa do Cristo.