ACCIÓN CULTURAL
Fega Teatro achegará o teatro amador á veciñanza de Santiago, con dez funcións en distintos Centros Socioculturais
O Concello de Santiago, a través da concellaría de Acción Cultural e da de Centros Socioculturais ten previsto programar coa Federación Galega de Teatro Afeccionado, FEGATEA, varias actividades entre as que destaca o ciclo de teatro "Fega Teatro", con dez funcións con diferentes compañías de teatro amador en distintos Centros Socioculturais da rede municipal.
EDUCACIÓN
Este verán realizaranse actuacións de reparación, reforma, conservación e mantemento en 23 centros educativos da cidade por un importe de case 300.000 euros
O concelleiro de Educación, Rubén Prol; e o concelleiro de Barrios e Obras, Javier Fernández, deron conta das distintas actuacións que se realizarán este verán nas escola infantís, colexios públicos e outros espazos, como a ludoteca María Miramontes. Son en total, 53 actuacións que se levarán a cabo en 23 dos 25 centros educativos que dependen do concello de Santiago, ás que se destinarán case 300.000 euros.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobados os convenios de colaboración e as subvencións para oito entidades, a maioría de carácter social, por un total de 146.500 euros
A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria e urxente, aprobou os textos dos convenios de colaboración con oito entidades, así como as contías das subvencións, que ascenden, en total, a 146.500 euros. Estas axudas estarán destinadas a financiar as distintas actividades que desenvolven estes organismos e asociacións, sete delas de carácter social.