ACCIÓN CULTURAL

Preséntase o primeiro libro sobre a historia da danza contemporánea en Galicia, escrito por Afonso Becerra de Becerreá

14/07/2021

A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, presentou o libro "História da Dança contemporánea na Galiza", acompañada do seu autor, Afonso Becerra de Becerreá; e Valentim Fagim, responsable de Através Editora, que publica a obra. Roson definiu o libro como "un traballo importante, un estudo rigoroso que era absolutamente necesario, porque nunca antes se fixera esta análise sobre a danza contemporánea en Galicia"

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

Aprobado o financiamento municipal para as ARIs no marco do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021

14/07/2021

A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria e urxente, aprobou o financiamento e número de actuacións para as ARI (Área de Rehabilitación Integral en Santiago de Compostela), por un total de 580.663.4 euros. Esta aportación municipal divídese en dúas partes: unha para actuacións de nova edificación de 336.000 euros, e outra de equipo técnico e de xestión de 244.663,42 euros.

Ler máis

IGUALDADE

O Verán CampUSC 2021 impulsado pola Fundación USC e no que colabora o Concello de Santiago, supera a barreira das 500 inscricións

14/07/2021

A concelleira de Políticas de Igualdade, Mercedes Rosón, e a vicerreitora de Igualdade, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo Moledo, visitaron este mércores a terceira quenda do Verán CampUSC 2021, que se desenvolve ata o 24 de xullo. Este campamento urbano, impulsado pola Fundación USC e no que colabora o concello de Santiago, conta, nesta edición, cunha participación superior aos 200 nenos e nenas, nados entre 2004 e 2017. Moitos deles están apuntados en diferentes quedas, polo que supera xa a barreira das 500 inscricións.

Ler máis
Compartir: