POLÍTICAS SOCIAIS
Aberto ata o 13 de abril o prazo para solicitar as axudas para o servizo de taxi por parte das persoas con dificultades de mobilidade
A concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, presentou esta mañá en rolda de prensa as bases da convocatoria para o uso do servizo de taxi como medio alternativo para as persoas con dificultades de mobilidade ou que presentan limitacións para o uso do transporte colectivo para o ano 2021, axudas que contan cun orzamento global de 15.000 euros. Estivo acompañada polo técnico do departamento encargado da xestión das axudas Javier Maroño, e pola xefa de sección de Servizos Sociais, Eva González.
ALCALDÍA
Xuntanza con Cáritas Diocesana
No marco dos encontros coas distintas entidades de servizos sociais que operan na cidade, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, mantiveron hoxe una xuntanza co presidente de Cáritas Diocesana, José Anuncio Mouriño.
ACCIÓN CULTURAL
A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico presenta a programación completa da súa 16ª edición
Hoxe presentouse no Museo do Pobo Galego a 16ª edición da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico, na que colabora o Concello, e que terá lugar do 6 ao 10 de abril en Santiago. No acto estiveron presentes a vicepresidenta do Padroado do Museo do Pobo, Concha Losada; á concelleira responsable de Acción Cultural de Santiago de Compostela, Mercedes Rosón; Jacobo Sutil, director da Agadic; Xurxo Couto, deputado responsable da Área de Cultura da Deputación da Coruña; e Ana Estévez, directora da MICE.
ALCALDÍA
A Xunta de voceiros acorda o destino dos 5 millóns de euros pendentes de asignación do remanente de 2020
A Xunta de voceiros, reunida esta mañá, acordou o destino dos 5 millóns de euros do remanente de 2020 pendentes de adxudicar. Deste xeito, 3,5 millóns destinaranse a axudas para os sectores máis prexudicados pola pandemia, e o resto a investimentos.