IGUALDADE

A cantante Xoana anima a celebración das xornadas do 8-M Artellando Feminismo 2021 cun concerto este venres

11/03/2021

A cantante Xoana animará a celebración dos actos do 8-M, Día Internacional da Muller, en Santiago de Compostela. O seu concerto o venres 12 de marzo, ás 20.00h, no Teatro Principal, porá o peche dourado á primeira semana de actos das xornadas Artellando Feminismo 2021, organizadas pola Concellería de Igualdade do Concello de Santiago de Compostela ao longo do mes de marzo.

Ler máis

ALCALDÍA

O Concello plantará unha árbore por cada foto compartida con #1foto1arbore para celebrar o Día Internacional dos Bosques

11/03/2021

O Concello de Santiago lanza a campaña "Cambia o mood: activa o modo bosque" para celebrar o Día Internacional dos Bosques o próximo 21 de marzo de 2021, unha data promovida polas Nacións Unidas. Esta campaña, que hoxe presentou o alcalde en rolda de prensa, acompañado do técnico de Emprego, Xavier Ferreiro, pretende difundir fundamentalmente entre a xuventude de Santiago de Compostela a relevancia dos bosques empregando as redes sociais e outras accións transmedia que buscan conectar os máis novos coa importancia dos...

Ler máis

CIDADES PATRIMONIO

O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade e o Museo Nacional Thyssen-Bornemisza selan un acordo de unión para a promoción conxunta

11/03/2021

O presidente do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade e alcalde de Mérida, Antonio Rodríguez Osuna, asinou hoxe un convenio de colaboración con Evelio Acevedo Carrero, director da Fundación Colección Thyssen-Bornemisza, para promover actuacións conxuntas de promoción cultural e turística co obxectivo de contribuír á difusión do patrimonio cultural español, potenciar o posicionamento de marca de ambas as institucións e fomentar o coñecemento dos destinos do GCPHE e do Museo Nacional...

Ler máis
Compartir: