EDUCACIÓN

XIV Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados

01/03/2021

O Departamento de Educación do Concello de Santiago de Compostela e Kalandraka Editora convocan o XIV Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, cunha dotación económica única de 9.000 euros. O prazo de presentación dos traballos rematará o 14 de maio de 2021 e o fallo do xurado darase a coñecer durante a última quincena de xuño.

Ler máis

ECONOMÍA

Aprobado en Xunta de Goberno extraordinaria o proxecto de orzamentos de 2021, nos que destaca o aumento do gasto social

01/03/2021

A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, aprobou o proxecto de orzamentos de 2021, que ascenden a 125.020.077,77 euros, fronte aos 116.975.595,33, o que representa un 6,88% máis que o ano pasado. O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, destacou o aumento do gasto social, en algo máis dun 1.775.000 euros, o que representa un 22,85% máis respecto de 2020. "Un esforzo enorme", en palabras do rexedor, para un "orzamento social", como o cualificou Marta Abal, que atende aos "desequilibrios" provocados...

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

O alcalde pide prudencia e responsabilidade á cidadanía ante os incumprimentos das medidas anticovid rexistrados esta fin de semana

01/03/2021

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, pediu "prudencia, responsabilidade e sentido común", ante os incumprimentos das medidas anticovid rexistrados durante a fin de semana, que puntualiza, "estou seguro que non corresponden á maioría da poboación". Entre o venres e o luns, a que a policía local tramitou 98 sancións: 13 por festas en pisos, 22 por non respectar o toque de queda, 40 por non utilizar máscara, e 23 a locais por infrinxir as limitacións de aforo.

Ler máis

ALCALDÍA

Visita institucional a ala sur de San Domingos de Bonaval, unha vez rematadas as obras que permitirán ampliar o Museo do Pobo Galego en 1.600 metros cadrados

01/03/2021

A obra de adecuación da ala sur do conxunto de San Domingos de Bonaval para a ampliación do Museo do Pobo Galego, dirixida polo Consorcio de Santiago, remataba despois de algo máis dun ano de intervención. O alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade, Xosé A. Sánchez Bugallo; o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo; e o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada; visitaron esta tarde o edificio para coñecer o resultado das obras. No acto estiveron tamén o conselleiro de Cultura,...

Ler máis
Compartir: