POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS
O luns arranca Territorio Xogantín, un programa gratuito para a cativada de 6 a 10 anos, que se desenvolverá durante todo agosto
O luns, 1 de agosto, arranca "Territorio Xogantín", un programa lúdico de actividades para a cativada de 6 a 10 anos, que se desenvolverá todos os días (agás festivos), ata o 2 de setembro. O punto de encontro, convenientemente sinalizado, estará situado na praza 8 de Marzo, ás 11:15. A partir desta hora, o grupo de nenos e nenas, acompañado por monitores, moverase pola zona e volverá de novo a punto de encontro ás 13:30 h
MEDIO RURAL
As obras de saneamento e mellora vial que se están executando neste momento na zona rural contan cun investimento de 846.025 euros
Neste momento, o Concello de Santiago de Compostela ten en execución seis obras de saneamento dee mellora vial na zona rural por un importe conxunto de 846.025,56 euros. Estanse a desenvolver durante este verán, promovidas pola concellería de Medio Rural que dirixe José Manuel Pichel; unha parte con cargo a fondos propios do Concello de Santiago e outras no marco do POS+ en coordinación coa Deputación Provincial da Coruña.
ALCALDÍA
O alcalde agradece á Familia Real a súa presenza en Santiago con motivo do Ano Santo 2022
Xosé Sánchez Bugallo quixo agradecer publicamente á Casa Real a súa asistencia aos actos de celebración do pasado 25 de xullo por terceiro ano consecutivo. O alcalde tamén puxo en valor o "comportamento impecable" de toda a cidadanía compostelá, feito que contribuiu a que a primeira semana das Festas do Apóstolo se desenvolvese sen contratempos.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago conclúe as obras de reparación das cubertas do Pazo de Raxoi
Estas obras permitiron mellorar a instalación de saneamento de pluviais do tellado así como a eficiencia enerxética do edificio, como puideron comprobar in situ o alcalde de Santiago e a concelleira de Urbanismo e Cidade Histórica, Mercedes Rosón, na compañía de Belén Hernández, xerente de Consorcio.
ACCIÓN CULTURAL
O XIX Feito A Man programa 31 actuacións en prazas e terrazas da zona vella compostelá
Este ano participan no Feito a Man 16 locais da Asociación Cultural Cidade Vella, promotora deste festival que conta co apoio do Concello de Santiago e que chega á súa XIX edición co lema "no calor das rúas". Satélite Salitre, Mallou, Pedro Pastor y los locos descalzos, Comando Radar, Bia Ferreira ou Michelle Alany and Zirzuvi son algunhas das 31 propostas musicais desta edición.
FESTAS
Santiago e Padrón renovan os seus fortes vencellos un Apóstolo máis
As festas do Apóstolo celebraron este xoves o tradicional Día de Padrón en Santiago, no que as dúas vilas reforzan os seus fortes lazos de irmandade. Así sucede tamén, á inversa, na Pascua padronesa.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu esta mañá un minuto de silencio pola muller asasinada o pasado 25 de xullo na provincia de Granada, última vítima de violencia machista.
PLENO
O Concello consensúa unha declaración institucional para que Santiago albergue a sede da Axencia Estatal de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA)
Na sesión ordinaria do Pleno celebrada este mércores, a Corporación municipal consensuou unha moción conxunta de todos os grupos municipais para manifestar o seu apoio e compromiso a que a cidade de Santiago acolla a sede da Axencia Estatal de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA).
ACCIÓN CULTURAL
A narradora Ana Cabaleiro resulta gañadora da primeira edición do Premio Exeria
O galardón a proxectos de creación literaria do Concello de Santiago premia á xornalista silledense cunha estadía na residencia Al Ma'mal na cidade de Xerusalén durante o mes de agosto así como unha axuda económica de 3.000 euros.
ACCIÓN CULTURAL
Artes escénicas, visuais, poesía, música e contos no Festival C que se celebra en agosto en Compostela
Ao longo do mes desenvolveranse máis de 30 actividades dirixidas a todos os públicos e totalmente de balde. Os luns haberá propostas de danza, os martes de música e contos e os mércores será o día do circo e da poesía. Ademais complétase a proposta con xogos para a cativada e dúas intervencións de artes visuais.