ACCIÓN CULTURAL
Artes escénicas, visuais, poesía, música e contos no Festival C que se celebra en agosto en Compostela
Ao longo do mes desenvolveranse máis de 30 actividades dirixidas a todos os públicos e totalmente de balde. Os luns haberá propostas de danza, os martes de música e contos e os mércores será o día do circo e da poesía. Ademais complétase a proposta con xogos para a cativada e dúas intervencións de artes visuais.
FESTAS
O Compostela Trad Fest ofrecerá máis de 12 horas de música tradicional da man de 70 artistas
O Pazo de Raxoi acolleu esta mañá a presentación do Compostela TRADFEST 22, promovido por La Voz de Galicia, que se celebrará o domingo 31 de xullo en varios espazos da cidade. A xornada, que incluirá obradoiros, concertos ou bailes, entre outras actividwades, pecharase cos concertos de Sheila Patricia no parque de Bonaval e de Xisco Feijóo na praza da Quintana, que presentará o seu último disco "Peixe".
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno Local acorda ampliar a validez dos Bonos Corazón Praza de Abastos ata o 17 de setembro
A Xunta de Goberno Local, reunida hoxe, aprobou a modificación das bases das axudas dos Bonos Corazón Praza de Abastos, ampliando o periodo de validez dos bonos, que empezaron a funcionar o pasado día 20, ata o 17 de setembro. En principio, remataban o 31 de agosto.