FESTAS
Tamar Novas asina no Libro de Honra do Concello de Santiago
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, o concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños e os voceiros dos distintos grupos municipais recibiron esta mañá o pregoeiro do Apóstolo 2022, o actor Tamar Novas, horas antes de que este se dirixa ás compostelás e composteláns dende os balcóns de Raxoi para dar o pistoletazo de saída a esta edición das festas.
FESTAS
O actor Tamar Novas abre as Festas do Apóstolo cun pregón cargado de amor por Compostela
O actor Tamar Novas deu o pistoletazo de saída ás festas do Apóstolo desde o balcón do Pazo de Raxoi ante unha praza da Obradoiro na que se congregaron veciños e turistas. O actor compostelán fixo un repaso pola súa infancia e primeira xuventude en Santiago así como polos seus inicios no mundo da interpretación. O público puido desfrutar a continuación do concerto da banda estadounidense The New York Ska-Jazz Ensemble.