POLÍTICAS SOCIAIS

O Concello asina catro novos convenios con Banco de Alimentos, Fundación Down, Aspanaes e o Colexio de Avogados de Santiago por un importe total de 20.000 euros

18/07/2022

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado pola concelleira de Políticas Sociais Mila Castro, asinou esta mañá catro novos convenios por un valor total de 20.000 euros. Os acordos subscritos hoxe foron coa Asociación Banco de Alimentos, a Fundación Down Compostela, Aspanaes e o Colexio de Avogados de Santiago, que se suman aos outros 14 convenios asinados nas pasadas semanas con outras entidades sociais locais por un importe total de 427.500 euros.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno Local acorda incluir as rúas de Triacastela e Altiboia na zona 3 de residentes (San Pedro)

18/07/2022

A Xunta de Goberno Local, aprobou hoxe a ampliación do rexime de residentes da zona 3, San Pedro, coa inclusión das rúas Triacastela e Altiboia. Os residentes das mesmas, unha vez comprobado que cumpren os requisitos establecidos na "Ordenanza do Sistema de Ordenación" e "Regulación do Servizo da ORA e Aparcamento de residentes", poderán obter o correspondente distintivo de aparcamento.

Ler máis

EMPREGO

Os alumnos e alumnas do programa de emprego Santiago Sustentable III reciben os seus diplomas na carballeira de Conxo

18/07/2022

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a directora xeral de Formación e Colocación da Xunta, Zeltia Lado Lago, entregaron esta mañá os diplomas do programa de emprego Santiago Sustentable III aos 16 alumnos e alumnas participantes. Durante o acto tamén se presentou a app desenvolvida polo propio alumnado, coa que se pretende dar a coñecer as especies arbóreas do municipio ao mesmo tempo que se implica a cidadanía na identificación de novos exemplares.

Ler máis

TURISMO

A Comisión especial da memoria histórica dá o visto bo á colocación dun memorial en Santa Isabel en lembranza dos presos reprimidos pola ditadura

18/07/2022

A Comisión especial da memoria histórica do Concello de Santiago, reunida hoxe, deulle o visto bó á colocación dun memorial na zona onde antigamente estaba o cuartel de Santa Isabel, en memoria, segundo explicou o concelleiro de Presidencia e Relacións Institucionais, Sindo Guinarte "dos presos reprimidos pola ditadura ente 1939 e 1946".

Ler máis
Compartir: