ACCIÓN CULTURAL
‘El jarrón infinito’ de Mar Ramón Soriano, nova intervención na Zona C
Seleccionada na modalidade de proxectos de creación artística para o espazo poderá visitarse, de balde, até o 24 de setembro. Este novo proxecto ocupará o primeiro e segundo andar da Zona C, situada na Praza de Cervantes.
MEDIO RURAL
O concelleiro de Medio Rural visita as actividades de verán nos centros socioculturais do rural
O programa posibilita que durante as mañás do mes de xullo os nenos e nenas das parroquias poidan desfrutar de actividades de tempo libre en torno aos centros socioculturais das parroquias.
TURISMO
Turismo de Santiago lanza unha campaña para poñer en valor a calidade do sector
O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, e a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, presentaron unha nova campaña de comunicación e marketing co obxectivo de mellorar a promoción dos establecementos e empresas da cidade especialmente comprometidos coa calidade, en concreto aqueles que contan coa distinción do Sistema Integral de Calidade en Destino (Sicted).
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia "escoitará o mundo" na súa programación para a temporada 2022-23
32 concertos en Santiago e 18 por toda Galicia compoñerán unha completa programación que irá de outubro a maio. Será a derradeira temporada programada por Paul Daniel como director artístico da orquestra.
ALCALDÍA
Recepción a Compostela Monumental no seu 30 aniversario
O Pazo de Raxoi abriu hoxe as súas portas á Asociación de Comerciantes Compostela Monumental, que celebra nestas datas o 30 aniversario da súa creación. Foron recibidos polo alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e por representantes de todos os grupos políticos da Corporación.