ACCIÓN CULTURAL E TURISMO
Varios espazos emblemáticos de Santiago acollerán unha exposición ao aire libre do escultor Manolo Paz
Baixo o título "A distancia que une", a mostra componse de cinco grandes esculturas que se situarán na entrada do Museo do Pobo Galego, no Parque de Bonaval, na Alameda e na Cidade da Cultura, ademais de na praza do Obradoiro. O proxecto conta co apoio do Concello de Santiago onde foi presentado esta mañá pola concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, acompañados polo propio escultor e o comisario da mostra, David Barro.
ALCALDÍA
O Concello de Santiago lembra a Miguel Ángel Blanco e as vítimas do terrorismo cunha concentración silenciosa na praza do Obradoiro
A praza do Obradoiro acolleu esta mañá unha concentración de 5 minutos de silencio en recordo do político Miguel Ángel Blanco, asasinado hai 25 anos por ETA, e de outras vítimas do terrorismo. O acto foi convocado por FEMP e pechouse cun aplauso.