CIDADES PATRIMONIO
O Circuíto de Carreiras nas 15 Cidades Patrimonio da Humanidade de España celébrase de abril a decembro de 2022
O Circuíto constará de 15 probas, das cales será necesario finalizar 4 para optar á clasificación final, e arrancará coa carreira nocturna SantYago 10K que terá lugar o vindeiro 30 de abril en Compostela. Esta carreira nocturna homologada pola Federación Española de Atletismo e que conta coa colaboración do departamento de Deportes do Concello de Santiago, percorrerá as rúas máis emblemáticas da cidade, con saída ás 22:00 h de San Francisco e chegada á praza do Obradoiro, con...
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Os Centros Socioculturais de Santiago lanzan a súa nova oferta de actividades deportivas no exterior
O concelleiro de Centros Socioculturais, Javier Fernández, acompañado por Enrique Vázquez e Beatriz Cornide, responsable e técnica da Rede dos CSC respectivamente, presentou esta mañá en rolda de prensa, as rutas de sendeirismo "Camiñando a Santiago" e "O Xiro dos Montes", propostas de deporte ao aire libre para a veciñanza da cidade que se desenvolverán entre abril e xuño.
ALCALDÍA
Continúan os traballos da Comisión mixta de Peleteiro coa presentación do informe dos técnicos municipais
A Comisión mixta de Peleteiro mantivo esta mañá unha xuntanza de traballo presidida polo alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, na que tamén estiveron presentes a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón; representantes dos grupos municipais, das asociacións que forman parte da mesma e técnicos municipais.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobadas as bases da convocatoria de axudas individuais para o uso do taxi e a apertura do procedemento de licitación da Festa dos Maiores 2022 e 2023
A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, aprobou a apertura do procedemento de adxudicación do expediente denominado "Contratación de Servizo de organización da celebración da Festa dos Maiores 2022 e 2023", establecéndose un tipo de licitación de 83.028 euros.