CENTROS SOCIOCULTURAIS E EDUCACIÓN
O Concello de Santiago oferta 315 prazas de conciliación nos Centros Socioculturais e no Espazo de Lecer María Miramontes para este verán
O concelleiro de Centros Socioculturais, Javier Fernández, e o de Educación, Rubén Prol, presentaron hoxe en rolda de prensa os programas de conciliación de ambos departamentos para o período de verán, que unidos aos da Concellaría de Medio Rural, suman un total de 315 prazas. Nos próximos días tamén se engadirá a esta cifra, as prazas de conciliación para este verán nos centros escolares de Santiago.
ACCIÓN CULTURAL
'Utópicas', un proxecto para transformar Compostela desde a arte
Ata o 11 de maio está aberta a convocatoria de colaboradoras/es destinada a conformar comunidades de aprendizaxe e creación artística e colaborar nas cinco ideas preseleccionadas dun total de trinta proxectos. Producido polo Auditorio de Galicia e deseñado por 7H Cooperativa Cultural, esta iniciativa reivindica a importancia da cultura para fomentar vínculos comunitarios.