ALCALDÍA
O Concello de Santiago anima a cidadanía a participar na III Festa do Banquete
Tras dous anos de parón motivado pola pandemia, volve a Festa do Banquete á Carballeira de Conxo o 20, 21 e 22 de maio. O Concello de Santiago e a Comisión creada ao efecto está preparando un amplo programa de actividades para esa fin de semana e chaman á participación de toda a veciñanza nas distintas modalidades posibles. O programa completo darase a coñecer en vindeiras datas.
TURISMO
Turismo de Santiago aposta pola promoción turística en Estados Unidos
Turismo de Santiago participa nunhas xornadas directas de comercialización co mercado norteamericano que se celebran en Miami ao longo de tres días e que organiza Turespaña.
MEDIO AMBIENTE
Xa está en Santiago o galardón obtido polo Carballo de Conxo no certame de Árbore Europea do ano 2022
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu, de mans do eurodiputado Nicolás González Casares, o galardón obtido no certame Árbore Europea do ano 2022. O candidatura do Carballo de Conxo, impulsada desde o Concello de Santiago, quedou en segundo lugar, con 168.284 votos, a só dez mil do carballo Dunin, localizado en Polonia.