MEDIO AMBIENTE

Milleiros de alumnas e alumnos de toda Galicia vólcanse co Carballo do Banquete de Conxo

21/02/2022

No marco da campaña #VotaCarballo, o alumnado do CEIP Cardeal Quiroga Palacios preparou un vídeo en linguaxe inclusiva para promocionar o carballo compostelán na recta final das votacións para facerse co título de árbore de Europa. O Concello continúa tamén coas plantacións de árbores autóctonas na contorna de Santiago, nesta ocasión coa participación da empresa Viaqua que engadiu 325 carballos máis á zona do Polígono do Tambre, un acto que contou coa presenza do alcalde Xosé...

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

O Concello remitirá á Consellería de Medio Ambiente a solicitude de inicio do procedemento de avaliación ambiental da parcela na que construirá a plataforma loxística de Mallou

21/02/2022

O Concello de Santiago remitirá á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, a solicitude de inicio do procedemento de avaliación ambiental estratéxica simplificada do "Plan especial de infraestruturas e dotacións na parcela de equipamento IA-8" para a implantación da plataforma loxística de Mallou, formulado de oficio polo Concello. Foi un dos asuntos aprobados na Xunta de Goberno Local, dos que informou o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo....

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

Aprobadas as bases do "XV Premio Internacional Compostela para álbums ilustrados"

21/02/2022

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe as bases do "XV Premio Internacional Compostela para álbums ilustrados", que convoca o departamento de Educación do Concello de Santiago de Compostela coa editorial Kalandraka. O premio está dotado con 9.000 euros. Esta convocatoria ten como finalidade fomentar a produción artística e literaria destinada ao público infantil e xuvenil.

Ler máis
Compartir: