EDUCACIÓN
As Escolas Infantís Municipais acollen o XI ciclo de sesións didácticas "Quen é quen: os instrumentos que viven na Escola Municipal de Música"
O Departamento de Educación do Concello de Santiago, a través da Escola Municipal de Música, pon en marcha por undécimo ano consecutivo, un novo ciclo de sesións didácticas co obxectivo de promover o achegamento da música aos máis pequenos e pequenas da rede de escolas infantís do Concello.
CENTROS SOCIOCULTURAIS E EDUCACIÓN
Elevada participación no Programa Municipal de Conciliación durante este Nadal
O concelleiro de Centros Socioculturais, Javier Fernández, deu conta dos resultados da nova edición do Programa Municipal de Conciliación de Nadal en rolda de prensa, na que valorou positivamente a concorrencia de nenos e nenas de entre 3 e 12 anos ás actividades ofertadas.
FACENDA
A Xunta de Goberno Local aproba o orzamento xeral do Concello de Santiago para 2022, que ascende a case 130 millóns de euros
A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, aprobou hoxe o proxecto de "Orzamento Xeral do Concello de Santiago de Compostela e o seu anexo de persoal para o exercicio 2022", que ascende a 129.829.373,12 euros.
URBANISMO
O barrio do Castiñeiriño contará con 24 vivendas de promoción pública
A concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, visitou hoxe, xunto á conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, o solar no que se están construíndo 24 vivendas protexidas, ubicado no SUNP 13 do Castiñeiriño.