POLÍTICAS DE IGUALDADE
O Concello de Santiago recoñecerá, cunha homenaxe o 8 de marzo, o labor a prol da igualdade de distintas mulleres e colectivos da nosa cidade
O Concello de Santiago vai homenaxear, o 8 de marzo, a varias mulleres e colectivos que forman parte da historia viva da cidade; e que se distinguen polo seu labor a prol da igualdade. O acto, que se desenvolverá baixo o lema "Mulleres de Compostela", terá lugar na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, o luns, 7 de marzo, ás 19:00 h.; e recoñece a traxectoria profesional e vital de distintas mulleres que día a día contribúen a construír unha cidade máis igualitaria, máis social e máis humana.
MEDIO RURAL
O Concello construirá unha pista multideporte e un parque infantil en Roxos con cargo ao POS+ 2022
A Xunta de Goberno Local do pasado venres 11 de febreiro aprobou a participación do Concello no Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) "POS+ 2022" da Deputación Provincial da Coruña.