XUNTA DE GOBERNO
Iniciada a licitación da pasarela de conexión do CEIP das Fontiñas
A Xunta de Goberno acordou hoxe iniciar o procedemento de licitación da pasarela que conectará os dous edificios do CEIP das Fontiñas. A actuación custará case 125.000 euros e terá un prazo de execución de tres meses.
ALCALDÍA
O alcalde participa na III Asemblea Xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Santiago
O alcalde, Martiño Noriega, participou hoxe na III Asemblea Xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Santiago, celebrada na localidade navarra de Estella-Lizarra. Previamente celebrouse a reunión da xunta directiva, na que Santiago ten a única vogalía permanente.
ACCIÓN CULTURAL
Chega a Cineuropa a Palma de Ouro de Cannes: "Un asunto de familia"
O cinema do veterano Hirokazu Kore-eda volve a este festival coa Palma de Ouro de Cannes entre as súas mans. Un asunto de familia (que se proxectará ás 18:00 h no Teatro Principal) é, sen dúbida, o mellor Kore-eda dos últimos anos, unha película viva e corrosiva —con moito do cine de pícaros de Berlanga ou Ferreri—, sobre as singulares ocupacións dunha familia aparentemente convencional.
IGUALDADE E MOCIDADE
O Centro Xove da Almáciga acolle unha mostra de banda deseñada para concienciar sobre as violencias machistas na adolescencia
As concelleiras de Igualdade e de Mocidade, Marta Lois e Noa Morales, visitaron hoxe a exposición de banda deseñada da artista María Álvarez "Yupiyeyo". Trátase dunha acción levada a cabo por ambos departamentos ao abeiro da campaña En negro contra as violencias.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba o Programa Municipal de Conciliación de Nadal
A Xunta de Goberno aprobou hoxe a memoria do Programa Municipal de Conciliación de Nadal, que se desenvolverá nos CEIPs Monte dos Postes e Raíña Fabiola. O prazo de inscrición estará aberto do 16 ao 30 de novembro.