ALCALDÍA E DEPORTE
Santiago acolle ata o 15 de novembro o Mundial sub-8, sub-10 e sub-12 de xadrez
Máis de 800 xadrecistas cadetes de todo o mundo danse cita na nosa cidade para disputar o Mundial sub-8, sub-10 e sub-12 de xadrez, que se celebrará ata o 15 de novembro na Cidade da Cultura. O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, acompañado das concelleiras de Deporte e de Turismo, Noa Morales e Marta Lois, asistiron onte á inaguración do campionato.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago saca a concurso as obras na igrexa de Santa María de Marrozos
No marco das actuacións que o Consorcio de Santiago leva a cabo no patrimonio do termo municipal, e moi estreitamente relacionado coa cidade histórica e os Camiños de Santiago, vaise intervir na igrexa de Santa María de Marrozos, situada na parroquia homónima. O organismo acaba de sacar a obra a concurso, por un orzamento global de 67.414,84 euros. As empresas interesadas deberán presentar as súas propostas ata o 28 de novembro.
ALCALDÍA
Fomento presenta un borrador de convenio para o acondicionamento da rotonda de Conxo
O Ministerio de Fomento vén de entregarlle ao Goberno local o borrador dun convenio para o acondicionamento da rotonda de Conxo, que pasa porque o Concello asuma o mantemento da glorieta. Foi na xuntanza que o alcalde mantivo esta mañá en Madrid co secretario xeral de Infraestruturas, José Javier Izquierdo Ronsero.
IGUALDADE
Compostela volve tinguirse de negro este novembro para berrar contra as violencias machistas
A concelleira de Igualdade, Marta Lois, deu conta esta mañá das actividades e accións organizadas no marco da campaña En negro contra as violencias, deseñada polo Concello de Santiago co gallo do 25 de novembro, Día Internacional contra as Violencias Machistas.
ALCALDÍA
O alcalde participa na comisión de seguimento da estación intermodal
O alcalde, Martiño Noriega, participou esta tarde en Madrid na comisión de seguimento da estación intermodal, presidida pola responsable de ADIF, Isabel Pardo de Vera. Á xuntanza tamén asistiu o concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, así como representantes doutras administracións implicadas na infraestrutura, como a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez.