ACCIÓN CULTURAL
Cristina Morales e Miguelanxo Prado abren a programación da SELIC
A música de Christina Rosenvinge e João Afonso combínase coa literatura na sétima edición do festival que se desenvolverá entre o 9 e o 18 de xuño en Santiago. Serán moitos os nomes que pasarán pola carpa da SELIC na Quintana, non só do panorama galego senón tamén estatal.
EDUCACIÓN
Máis de 130 escolares participan este domingo no XVI Certame Intercentros "Compostela en Danza"
A Sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia acollerá este domingo 11 de xuño ás 19:00 horas, a XVI edición do Certame de Danza Intercercentros "Compostela en Danza", organizado polo Departamento de Educación do Concello de Santiago. Un total de 130 escolares de entre 3 e 18 anos, pertencentes a 6 colexios, porán en escena 14 coreografías de moi diversos estilos.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
A igualdade de oportunidades e a cohesión social centrarán a temática do 5º Encontro Emprendedor
O ciclo de Encontros Emprendedores ten marcada a súa vindeira cita o día 20 de xuño, ás 10:00 horas no Espazo galego da Creatividade. Os Encontros Emprendedores presentan iniciativas empresariais desenvoltas en Santiago, que dan resposta aos retos identificados pola cidadanía de cara aos vindeiros anos.