DEPORTES

Santiago acollerá este sábado a III Carreira Guerreira polos nenos e nenas con epilepsia e enfermidades raras

29/06/2023

A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, presentou esta mañá a terceira edición da Carreira Guerreira que se celebrará o vindeiro sábado 1 de xullo e cuxos beneficios irán destinados integramente ás iniciativas desenvolvidas pola Asociación Guerreros Púrpura para visibilizar e mellorar a calidade de vida de nenas e nenos con epilepsia e enfermidades raras neurolóxicas e metabólicas.

Ler máis

MOBILIDADE E CONVIVENCIA

A Xunta Local de Seguridade aborda o dispositivo para as Festas do Apóstolo

29/06/2023

O Pazo de Raxoi acolleu esta mañá a reunión da Xunta Local de Seguridade á que asistiron, entre outras autoridades, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; o concelleiro de Convivencia, Xan Duro e a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, co obxectivo de coordinar de forma conxunta as medidas de reforzo para garantir a prevención e seguridade da cidadanía durante as Festas do Apóstolo deste ano.

Ler máis

EDUCACIÓN

'La visita', das autoras catalás Núria Figueras e Anna Font, gaña o XVI Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado

29/06/2023

As autoras catalás Núria Figueras e Anna Font son as gañadoras do XVI Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado cun proxecto titulado 'La visita'. A obra 'Tarde de sapo' de Maite Mutuberria Larrayoz alzouse como finalista e 'Vent', de Gerard Sancho Novell, recibiu unha mención do xurado. Organizado polo Concello de Santiago e a editorial KALANDRAKA, este premio ten unha dotación económica de 9.000 euros e conleva a publicación da obra gañadora en galego, catalán, éuscaro,...

Ler máis
Compartir: