DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
O Concello organiza con Woman Emprende a I edición da Feira de Emprendedoras de Compostela
A Concellaría de Desenvolvemento Económico organiza co programa Woman Emprende da Universidade de Santiago de Compostela a I Feira de Emprendedoras de Compostela, dedicada ás mulleres que emprenden no sector artesanal. Esta feira nace co obxectivo de achegar á cidadanía as diferentes iniciativas empresariais lideradas por mulleres e que están creando tecido empresarial responsable e transformador na nosa contorna.
MERCADOS E DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
A Praza de Abastos lanza a campaña "Na porta da túa casa" para potenciar os pedidos a domicilio
As concelleiras de Desenvolvemento Económico e Mercados, Marta Lois e Noa Morales, e a xerenta da Praza de Abastos, Marta Rey, deron conta hoxe da nova campaña posta en marcha polo Mercado para potenciar os pedidos a domicilio.
ALCALDÍA
Inaugurada en Fonseca a mostra do Legado Maside
Este mediodía quedou aberta, no Comedor do Pazo de Fonseca, a exposición das 21 pezas que conforman o Legado Maside e que foron adquiridas polo Consorcio de Santiago coa colaboración da Deputación da Coruña para darlle cumprimento ao desexo do pintor de que a súa obra estivera en Compostela. O alcalde e presidente do Consorcio, Martiño Noriega, participou na apertura da mostra xunto coa xerenta do Consorcio, Belén Hernández; a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín; o reitor da USC, Antonio...
LINGUA
Aberto o prazo para participar na cuarta edición do concurso #Fotolingua
O Departamento Municipal de Lingua abriu este xoves, 9 de maio, o prazo de participación na cuarta edición do #Fotolingua, o concurso que pretende darlle visibilidade aos establecementos comerciais da cidade que se comprometen co uso do galego. Para participar no certame só é preciso publicar nas redes sociais Facebook ou Instagram unha imaxe na que se transmita a vitalidade da nosa lingua na actividade.../em>