ALCALDÍA
O Teatro Principal acollerá a IV Gala do Libro Galego o vindeiro 11 de maio
O Teatro Principal volve ser o escenario elixido para a celebración da Gala do Libro Galego, que o próximo 11 de maio chegará á súa cuarta edición. A Asociación de Escritoras e Escritores e Lingua Galega leva este ano o peso da organización do evento, convocado xunto coa Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia. Unha vez máis, a gala conta coa colaboración do Concello de Santiago.
ALCALDÍA
O alcalde recibiu a Ben Feringa, Premio Nobel de Química 2016
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu a Ben Feringa, Premio Nobel de Química 2016, que visita a cidade no marco do Programa ConCiencia. O científico neerlandés compartiu uns minutos co rexedor e asinou no Libro de Honra.
ACCIÓN CULTURAL
Santiago celebra o Día das Letras Galegas cun roteiro polos lugares composteláns de Antonio Fraguas
A Concellaría de Acción Cultural organiza un roteiro para dar a coñecer a relación con Santiago de Antonio Fraguas, o autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Branca Novoneyra presentou hoxe o paseo, denominado "Antonio Fraguas e a Compostela Insólita", nunha rolda de prensa na que estivo acompañado por María Abelleira, de MAOS Innovación Social Sociedade Cooperativa.
MEDIO AMBIENTE
O Concello abre unha consulta ao mercado e á veciñanza sobre os pregos do novo servizo de recollida do lixo e limpeza viaria
O Concello vén de abrir un proceso de consulta ao mercado sobre os pregos do novo servizo de recollida do lixo e limpeza viaria, co obxectivo de "garantir a transparencia e a concorrencia na licitación do novo contrato". O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, deu conta da posta en marcha do procedemento, "co que culminará o traballo que vén realizando o departamento para licitar o servizo atendendo ás novas directivas comunitarias sobre o tratamento dos residuos, á evolución que viviu a cidade nos 14 anos que...
ACCIÓN CULTURAL
Encontro "A cor das palabras" coa cineasta e artista Dora García
A reputada artista vallisoletana Dora García visita Compostela o domingo 12 de maio para ofrecer o encontro "Como foi o desenvolvemento do proxecto Segunda Vez, 2014-2018", dentro do ciclo A cor das palabras, organizado polo Concello de Santiago e Numax. Un día antes, o sábado 11, a directora presentará na sala o seu último filme: Segunda vez. Pode reservarse praza para o encontro escribindo a acordaspalabras@santiagodecompostela.gal.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Publicada a lista provisional de admitidos/as, excluídos/as e fóra de prazo nas escolas infantís municipais
A Concellaría de Educación e Cidadanía publicou a listaxe provisional de nenos e nenas admitidos/as, excluídos/as e fóra de prazo nas escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños. Para este curso houbo 106 solicitudes menos que no anterior, dato que segundo as responsables das escolas é imputable a unha diminución da natalidade.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Alumnado de Vila Real (Portugal) conclúe a súa estancia en Compostela
Este mércores conclúe o programa de actividades do alumnado do CEIP López Ferreiro co alumnado de Vila Real (Portugal) no marco dos programas de intercambio do Eixo Atlántico.